A BALADA DO PSOE & SOTO – In memorian de Manoel Soto – Alcalde de Vigo

MANOEL SOTO. Descansa en paz compañeiro.

Acabámonos de enterar que faleceu o noso querido alcalde Manoel Soto o “compañeiro”.
O político socialista que foi rexedor de Vigo durante unha época moi importante da nosa vida.
Dende hai moitos anos, Chimay e eu levamos con nos unha canción A BALADA DO PSOE & SOTO que conta, desde unha perspectiva moi local, uns pequenos anacos da historia que naquel momento viviu a cidade en relación co seu rexedor Manoel Soto.
A letra da canción fala de moitas peripecias tales como: o derribo do scalextric, a colocación do Sireno na Porta do Sol, a viaxe con Greenpeace á fosa atlántica , ou a cuestión de que “nunca tivo votos pero si devotos”, polo que demostrou ter moi boa man esquerda para gobernar a cidade sen maiorías.
Esto é só una parte do que fala a canción, escoita a letra con detemento e seguro que sacarás moitas más referencias do Vigo daquela época.
Dalle ao video e escoita A BALADA DO PSOE & SOTO interpretada en directo pola nosa banda interxeracional DETERIORADOS durante un concerto en Casa de Tolos
Boa viaxe Manoel. Ata sempre compañeiro.
Fandi&Chimay

https://www.facebook.com/1349569544/posts/10215515413262346?d=n&sfns=mo

2019-11-28T09:04:38+00:00noviembre 28th, 2019|Sin categoría|

About the autor:

Deja tu comentario