Deteriorados no Náutico de San Vicente do mar

Unha vez máis e para difundir a menxase do noso proxecto a nosa “punta de lanza” en acción: DETERIORADOS no Náutico de San Vicente do mar.

Para os que non o coñezades o Náutico é unha sala de concertos e bar de copas que cos anos converteuse nun referente das actuacións en directo.

Cada unha destas sesións coñecémolas como “Sesións Náuticas” e o pasado 16 de setembro tocounos a nós, DETERIORADOS.

En qué consistiu a nosa Sesión Náutica?

O día anterior ao concerto recibíronnos no estudo de gravación no que gravamos un tema inédito adaptado ao lugar no que nos atopabamos, San Vicente do mar. Ademais, documentaron todo o proceso para obter un micro-documental da nosa xesta.

Ao día seguinte, proxectouse ese documental diante de todos os asistentes ao concerto, presentamos en directo a nova canción e fixemos o que mellor se nos dá, transmitir coa nosa música.

Pero iso non é todo, tras a sesión desfrutamos dunha deliciosa paella xunto á mellor das compañías, o mar.

Sen dúbida, toda unha experiencia digna de repetir. Ahí vai un vídeo resumen.

2018-12-17T13:54:57+00:00octubre 27th, 2018|Deteriorados|

About the autor:

Deja tu comentario