
DETERIORADOS
DETERIORADOS é unha banda interxeracional de Country & Blues Heróico do Delta do Morrazo. A punta da lanza comunicativa de VULNERABLES. Está composta por cinco persoas con idades comprendidas desde os case 70 anos ata os 20. Formada por dúas persoas xubiladas: un profesor asociado da USC (Universidade de Santiago de Compostela) e un ex traballador do Concello de Vigo, ademáis dunha pianista estoniana, un profesor universitario e unha estudante recen graduada.
Caracterizados por un estilo moi singular, uns instrumentos pouco convencionais e un repertorio exclusivo, desde DETERIORADOS levamos en forma musical a filosofía VULNERABLES por toda a comunidade galega. En vez de ir con un powerpoint, facémolo con música.
DETERIORADOS nace co desexo de continuar creando e desenvolvendo unha actividade cualitativa tras a xubilación e convértese, como diciamos nun principio, na punta da lanza comunicativa do proxecto VULNERABLES.
Un proxecto que, do mesmo xeito que sucede co grupo de música, pensa que é fundamental empoderar a palabra vello e vella, e desprendela dos perxuizos etarios que habitalmente a acompañan, así como desterrar outras acepcións do tipo: sénior, terceira idade… que non son máis que puros eufemismos. A palabra vello e vella necesita romper cos estereotipos que ten asociados e gritar que existe unha nova xeración de maiores: vellos e vellas, con espírito interxeracional.

A BANDA


CHIMAY | PERCUSIÓN & VOZ
DETERIORADO SÉNIOR

FANDI | DOBROS & VOZ
DETERIORADO SÉNIOR

ANNE | ACORDEÓN
DETERIORADA EN PROCESO

HÉCTOR | CONTRABAIXO
DETERIORADO EN PROCESO

LAURA | VOZ
DETERIORADA ASPIRANTE
TOUR

30 NOV. 2019 – CULTURGAL – PONTEVEDRA
11 OCT 2019 – 25 ANIVERSARIO DA FACULTADE DE CIENCIAS SOCIAIS E DA COMUNICACIÓN – UVigo – PONTEVEDRA
10 OCT. 2019 – VERBENA APERTURA CURSO USC – SANTIAGO DE COMPOSTELA
27 SET. 2019 FICRURAL – SANTIAGO DE COMPOSTELA
21 SET. 2019| PONT-UP-STORE | PONTEVEDRA
14 AGO. 2019 – FESTA DA PATACA – CORISTANCO
7 AGO. 2019 – CAFE DE CATRO A CATRO – (As Travesas) – VIGO
22 AGO. 2019 – PRESENTACIÓN da CASSETTE «Clases Pasivas Tour» – RADIO GALEGA
18 XUÑ. 2019 | IMPARABLES – AQUARIUS | MADRID
15 ABR. 2019 | CONGRESO ANTROPOLOXÍA – USC | SIEF 2019 | SANTIAGO DE COMPOSTELA
04 XAN. 2019 | LUAR | TVG | SANTIAGO DE COMPOSTELA
03 DEC. 2018 | COMO QUE NON? | PROGRAMA RG | VIGO
16 SET. 2018 | NAUTICO | SAN VICENTE DO MAR | O GROVE
9 SET. 2018 | SOMOS QUÉN | PROGRAMA RG | SANTIAGO DE COMPOSTELA
11 AGO. 2018 | RIBEIRO BLUES | RIBADAVIA
26 XULL. 2018 | XOVES MUSICAIS | O GROVE
18 XULL. 2018 | FESTA DA DORNA | RIBEIRA
6 XULL. 2018 | SEAFEST | VIGO
16 XUÑ. 2018 | FISTERRA BLUES | FISTERRA
31 MAI. 2018 | LAND ROBER | TVG | SANTIAGO DE COMPOSTELA
16 MAI. 2018 | TOLEMIAS | CASA DE TOLOS | GONDOMAR
PARA MÁIS DATAS CONSULTA AS NOSAS REDES
GALERÍA
