EXIN2018-12-17T14:07:32+00:00
Cargando...

 EXIN ——— 

En colaboración coa Universidade de Santiago (USC) e dende o servizo de voluntariado adicamos parte do noso tempo a deseñar e desenvolver actividades en torno ao concepto de interxeracionalidade.

Esta participación activa é a que converte a EXIN (Experiencias Interxeneracionais) na parte do proxecto que materializa coa mocidade universitaria todas as nosas ideas para lévalas á práctica e que, para facer real o proxecto VULNERABLES. Desde EXIN pretendemos compartir experiencias máis aló do Ghetto Cronolóxico.

VER COLABORACIÓNS

 CIDADE INTER-X 

O concepto Cidade Inter-X fai referencia ao ambiente que xa empezamos a crear e que pretendemos chegue a ser un estilo de vida interxeracional dentro da cidade no que actuamos, Santiago de Compostela.

Con iso, tentamos romper có Ghetto Cronolóxico que nos separa dos nosos semellantes, e burlar os estereotipos para alcanzar una verdadeira relación interxeracional.

Cidade Inter-X é por tanto, unha cidade piloto para desenvolver, implementar e consolidar iniciativas e chegar a convertila nun exemplo internacional en relacións interxeracionais.

 SILVER ECONOMY 

O aumento considerable da esperanza de vida ao longo destes anos supuxo un cambio na demografía da nosa sociedade e é que, segundo un Informe da Unión Europea “A UE no mundo”, en 2060 un de cada tres europeos terá máis de 65 anos.

Este envellecemento da poboación adoita enfocarse como un problema dende o punto de vista económico, pero tamén representa unha oportunidade para toda a sociedade.

Moitos dos e das sénior chegan á xubilación tras unha vida profesional plena, en moitos casos desenvolta en ámbitos de gran relevancia social ou artística e cun poder adquisitivo medio-alto.

En VULNERABLES pretendemos desenvolver proxectos baseados no concepto Silver Economy que sirvan para articular unhas relacións económicas e sociais interxeracionais que convirtan o que se considera hoxe debido a demografía un problema, nunha oportunidade para a nosa comunidade.

MÚSICA

DETERIORADOS

A punta da lanza comunicativa do proxecto en forma de Country & Blues Heróico

TV

ÓRBITA INTER-X

Os Vulnerables nos medios: tele, radio e prensa.

CONFERENCIAS

LIVING LAB

O laboratorio das ideas, nos tamén investigamos

INTERGENERACIÓN

EXIN

A posta en marcha: interesado nalgunha actividade?

SANTIAGO

CIDADE INTER-X

O que podería ser, unha Cidade Inter-X

ECONOMÍA

SILVER ECONOMY

Mecenado interxeracional, crecendo xuntos.