Por primeira vez na súa historia, levarán a cabo mesas de debate interxeracionais no festival Curtocircuito co obxectivo de destruír tópicos, mitos e prexuízos dentro do sector audiovisual galego.
Os días 4 e 5 de outubro seremos testemuñas dun dos nosos retos como asociación: compartir experiencias máis aló do guetto cronolóxico.
Buscaremos puntos en común entre os diferentes profesionais do sector onde a idade non supoñerá un impedimento, se non o desencadeamento de diferentes vivencias que dotan a cada un deles de múltiples “know-how” á hora de desenvolver o seu traballo.
O enriquecedor de todo isto? A posta en común dentro dun sector cada vez máis diverso. O conxunto de ponencias e debates construtivos das diferentes xeracións que representan momentos políticos e estéticos diferentes: desde os anos 80 ata 2018.
Nesta edición, Curtocircuíto xuntará por primeira vez ás catro xeracións en activo do sector audiovisual galego para poder comprender mellor a natureza, heteroxeneidade e potencial do sector, situándoos en catro grandes grupos:
- “Desde a vídeo creación ata a produción industrial dos 2000” (nacidos ao redor dos anos 60)
- “A xeración EIS e outras fornadas de renovación” (nacidos ao redor dos 70)
- “Novo Cinema Galego e outras francotiradoras” (nacidos ao redor do ano 80)
- “Fillas da crise: novos modelos contra a austeridade” (nacidos nos anos 90)
Deixámosvos ligazón ao programa de actividades para ambos os días:
Mesas de debate interxeracionais no festival Internacional Curtocircuito
Deja tu comentario