Vulnerables2019-08-07T09:30:00+00:00
Cargando...

MÚSICA

DETERIORADOS

A punta da lanza comunicativa de Vulnerables

MEDIOS

ÓRBITA INTER-X

A iniciativa media de Vulnerables: tele, radio, prensa…

INVESTIGACIÓN

LIVING LAB

O laboratorio das ideas

VOLUNTARIADO

EXIN

Interesad@ nalgunha actividade?

HÁBITAT

CIDADE INTER-X

O que podería ser, unha Cidade Inter-X

ECONOMÍA

SILVER ECONOMY

Mentoring & coaching interxeracional       Crecendo xunt@s

 VULNERABLES 

Hai unha nova xeración de homes e mulleres que se incorpora á xubilación e que nada ten que ver coas remesas de etapas anteriores.

Hoxe en día, moitas persoas chegan a esta etapa tras unha vida profesional plena, e nalgúns casos desenvovida en ámbitos de gran relevancia social ou artística.

Estes activos, en poder de persoas maiores de mentalidade aberta supoñen, por perxuizos etarios, un excedente de coñecemento que está a ser ignorado e desaproveitado polo conxunto da sociedade.

Somos conscientes de que non todas as persoas que se xubilan teñen este perfil que describimos, non pretendemos encasillar, simplemente servir de paraugas para todos aqueles que se atopen nun limbo por non encaixar no estándar que a sociedade entende como vello ou vella.

Dende VULNERABLES queremos reinventar o concepto de “envellecemento” e negarmos a aceptar que ser vello ou vella sexa sinónimo de inactividade intelectual.

Ë necesario empoderar esa etapa vital denominada vellez e convertila nun período no que continuar mantendo relacións interxeracionais como viña sucedendo ata o momento da xubilación.

Tamén e frundamental empoderar a palabra vello e vella fronte a outros eufemismos como: sénior, tercerira idade..

Vell@ e unha palabra marabillosa. O único que necesita é desprendela dos perxuizos etarios e negativos que esta acepción ten asociados e resaltar os positivos.

Desde a infancia ata a universidade tendemos a relacionarnos con persoas da nosa mesma idade, polo tanto nesa etapa da vida vivimos nun ghetto cronolóxico, esta tónica que se interrompe cando comezamos a traballar. Neste momento pasamos a ter relacións interxeracionais plenas, durante a vida laboral de modo que interaccionamos bidireccionalmente con compañeir@s de todas as idades.

Concluída a etapa laboral, entramos na xubilación e somos apartados outra vez a esa especie de ghetto cronolóxico e a interación pasa a realizarse só con persoas da mesma idade en espacios exclusivos para xente maior.

Isto provoca exclusión social, así como a práctica de rutinas e conversacións recurrentes en torno á enfermidade e outras temáticas relacionadas coa idade. Unha forma nada constructiva de vida que se concibe aillada do resto da sociedade.

Por qué limitar a interacción social en base á idade?.

Tod@s necesitamos a oportunidade de aprender e compartir  puntos de vista, enriquecer o propio coñecemento e, por suposto, seguir a crecer como persoas máis alá de perxuizos edadistas.

Tal como aparece hoxe a representación gráfica da pirámide de poboación, cun crecemento vexetativo negativo, unido a ampliación da esperanza de vida, pronto estaremos vivindo catro o máis xeracionsde forma simultánea, así como pais de cen anos con fill@s de máis de oitenta.

Por todo isto, estamos destinados a entendernos e cambiar o modelo de relación humana de cara á unha interxeracionalidade activa, máis alá da compñente etaria.

O modelo de sociedade urbana, que de forma consciente ou inconsciente depreza a vellez, hoxe vai quedando obsoleto.

É necesario replantexar novas formas de vida interxeracional activa e solidaria, para que os barrios volvan a ser entes autónomos e autosostibles, de modo que as persoas poidan vivir e morrer no seu hábitat e xunto a súa xente. Alonxados de residencias, centros e outros ghettos de reclusión etaria.

VULNERABLES é un lugar de encontro entre a mocidade e @s maiores con actitude colaborativa que queren seguir achegando coñecemento e experiencia á sociedade máis aló da xubilación. E sobre todo, que están interesados en deixar o seu legado nunha interacción interxeracional activa e recibir d@s moz@s a súa ousadía e vitalidade.

ÚLTIMAS NOVAS