SERIE HOMELESS – No 2004 estiven un tempo en NY fotografando persoas sen fogar …
Foto FandiBlue
NY 2004
O East Village é unha zona bohemia do Downton, situada ao outro lado do Greenwich Village, onde esta ubicada a NYU.
A beira do East River, esta localización esta chea de pequenos e singulares, restaurantes, cafés e tendas, dun estilo moi alonxado á voluptosidade e megalomanía dos locais de Times Square e os das rúas adxacentes que conflúen nesa mítica praza.
Así, moitos desherdados da grande metrópoli, como é o caso do home fotografado, escapando da zona dos rañaceos conflúen polo sur da cidade buscando espazos máis amables onde pasar a noite.
Xa, na mañanciña, cos chiringos todavía pechados, como se pode ver no contraplano, ainda queda tempo para botar unha última cabezadiña dese sono reparador para enfrontarse ao novo día coa forza que deixe o corpo.
Deja tu comentario