Deteriorados2019-09-26T09:28:49+00:00
Cargando...

 DETERIORADOS 

DETERIORADOS é unha banda interxeracional de Country & Blues Heróico do Delta do Morrazo. A punta da lanza comunicativa de VULNERABLES. Está composta por cinco persoas con idades comprendidas desde os case 70 anos ata os 20. Formada por dúas persoas xubiladas: un profesor asociado da USC (Universidade de Santiago de Compostela) e un ex traballador do Concello de Vigo, ademáis dunha pianista estoniana, un profesor universitario e unha estudante recen graduada.

Caracterizados por un estilo moi singular, uns instrumentos pouco convencionais e un repertorio exclusivo, desde DETERIORADOS levamos en forma musical a filosofía VULNERABLES por toda a comunidade galega. En vez de ir con un powerpoint, facémolo con música.

DETERIORADOS nace co desexo de continuar creando e desenvolvendo unha actividade cualitativa tras a xubilación e convértese, como diciamos nun principio, na punta da lanza comunicativa do proxecto VULNERABLES.

Un proxecto que, do mesmo xeito que sucede co grupo de música, pensa que é fundamental empoderar a palabra vello e vella, e desprendela dos perxuizos etarios que habitalmente a acompañan, así como desterrar outras acepcións do tipo: sénior, terceira idade… que non son máis que puros eufemismos. A palabra vello e vella necesita romper cos estereotipos que ten asociados e gritar que existe unha nova xeración de maiores: vellos e vellas, con espírito interxeracional.

A BANDA

CHIMAY | PERCUSIÓN & VOZ
DETERIORADO SÉNIOR

FANDI | DOBROS & VOZ
DETERIORADO SÉNIOR

ANNE | ACORDEÓN
DETERIORADA EN PROCESO

HÉCTOR | CONTRABAIXO
DETERIORADO EN PROCESO

LAURA | VOZ
DETERIORADA ASPIRANTE

TOUR

27 SET. 2019 FICRURAL – SANTIAGO DE COMPOSTELA

21 SET. 2019| PONT-UP-STORE | PONTEVEDRA

14 AGO. 2019 – FESTA DA PATACA – CORISTANCO

7 AGO. 2019 – CAFE DE CATRO A CATRO – (As Travesas) – VIGO

22 AGO. 2019  – PRESENTACIÓN da CASSETTE «Clases Pasivas Tour» – RADIO GALEGA 

18 XUÑ. 2019 | IMPARABLES – AQUARIUS | MADRID

15  ABR. 2019 | CONGRESO ANTROPOLOXÍA – USC | SIEF 2019 | SANTIAGO DE COMPOSTELA

04 XAN. 2019 | LUAR | TVG | SANTIAGO DE COMPOSTELA

03 DEC. 2018 | COMO QUE NON? | PROGRAMA RG | VIGO

16 SET. 2018 | NAUTICO | SAN VICENTE DO MAR | O GROVE

9 SET. 2018 | SOMOS QUÉN | PROGRAMA RG | SANTIAGO DE COMPOSTELA

11 AGO. 2018 | RIBEIRO BLUES | RIBADAVIA

26 XULL. 2018 | XOVES MUSICAIS | O GROVE

18 XULL. 2018 | FESTA DA DORNA | RIBEIRA

6 XULL. 2018 | SEAFEST | VIGO

16 XUÑ. 2018 | FISTERRA BLUES | FISTERRA

31 MAI. 2018 | LAND ROBER | TVG | SANTIAGO DE COMPOSTELA

16 MAI. 2018 | TOLEMIAS | CASA DE TOLOS | GONDOMAR

PARA MÁIS DATAS CONSULTA AS NOSAS REDES

GALERÍA

MÚSICA

DETERIORADOS

A punta da lanza comunicativa de VULNERABLES

MEDIOS

ÓRBITA INTER-X

Iniciativas MEDIA desde VULNERABLES

INVESTIGACIÓN

LIVING LAB

O laboratorio das ideas

VOLUNTARIADO

EXIN

Compromiso interxeracional desde a mocidade

HÁBITAT

CIDADE INTER-X

Cidades humanizadas e sostibles

ECONOMÍA

SILVER ECONOMY

Mentoring & coaching interxeracional       Crecendo xunt@s